Abertas as inscricións para o DéporCampus de Zas


Dende este martes xa están abertas as inscricións para o DéporCampus que acollerá o Concello de Zas no Campo Municipal Platas Reinoso de Baio, do 18 ao 22 de xullo. Este martes desprazouse ata o Concello de Zas o director do DéporCampus, Pablo Barros; onde o recibiron o Alcalde, Manuel Muíño; e o Tenente de Alcalde, Óscar Lema.