Aberto ao público o novo parque infantil da praza O Recreo, na Laracha

Parque infantil de la plaza O Recreo_Concello da Laracha

  • O proxecto foi financiado integramente con fondos municipais

Este mércores o Concello da Laracha abriu ao público o novo parque infantil creado na praza O Recreo, situada en pleno centro da vila. Este parque conta con catro unidades de xogos pensados para o uso dos nenos máis cativos, complementando así outro espazo no que hai dispoñibles xogos cooperativos doutras características. Estes novos elementos estarán adaptados aos diferentes grupos de idade dos usuarios. A zona tamén conta cun pavimento continuo de caucho para reforzar a seguridade dos nenos.

Esta intervención enmárcase no plan municipal de ampliación, mellora e renovación de parques infantís para optimizar os espazos existentes na praza O Recreo, a carón da biblioteca municipal e do IES Agra de Leborís e que ademais se sitúa nunha zona residencial con varios locais comerciais e de hostalería nas súas inmediacións.

O proxecto foi financiado integramente polo Concello da Laracha con fondos propios municipais.