44
O trazado ponse en servizo provisionalmente con un só carril por sentido de circulación, téndose aplicado unha capa intermedia de firme para a súa apertura ao tráfico. Os carrís adicionais de adiantamento, que se prevé habilitar coas obras, configuraranse no final da intervención, momento no que se disporá tamén a capa de rodaxe do firme definitiva e se rematará a instalación dos diferentes elementos de seguridade da estrada.
Os avances nesta actuación de mellora da seguridade viaria da estrada Valdoviño-Cedeira, nos que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a investir máis de 3,6 millóns de euros, permiten poñer en servizo provisional o novo treito da estrada AC-566 entre os puntos quilométricos 13,1 e 17.