O Concello de Cabana abriu xa o prazo de inscrición para anotarse na que será a décima edición da Carreira Popular Dolmen de Dombate, unha proba que se está a converter nun referente deportivo da Costa da Morte.
Enmarcada no Circuíto de Carreiras da Deputación provincial, a Popular de Dombate disputarase nas categorías de biberón (300 metros) sub12 (1km); sub14, sub16, sub18 e senior (3km); sub20, sub23, senior e master (10km).
O prazo de inscrición manterase en vigor ata o 10 de setembro e as persoas interesadas en participar ou obter máis información sobre a proba poderano facer na web: https://dolmendedombate.ccnorte.com/es/web/evento/detalle/