Aberto ata o 9 de novembro o prazo de solicitude para participar no Mercado de Nadal

Imaxe do mercado de Nadal_Concello de Santiago

  • A convocatoria está dirixida a artesáns, produtores e comerciantes con capacidade para exhibir e vender produtos de Nadal

Todas aquelas persoas que desexen poñer un posto no Mercado de Nadal de Santiago de Compostela poden solicitar o seu espazo ata ás 23:30 horas do 9 de novembro. A convocatoria está dirixida a artesáns, produtores e comerciantes con capacidade para exhibir e vender produtos, creacións ou elaboracións de Nadal.

O Mercado, que contará con 30 postos de venda, celebrarase do 3 de decembro ao 5 de xaneiro na rúa Carreira do Conde e, como novidade deste ano, do 26 de decembro ao 5 de xaneiro tamén en Área Central.

Os interesados poden solicitar información complementaria a través da direccións electrónicas comercio@santiagodecompostela.gal ou mercadonadal@versalscq.com.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha