Aberto en Carballo ata o 20 de novembro o período voluntario para o pago do IBI e o IAE

  • A Concellaría de Facenda enviou aos fogares carballeses máis de 17.000 cartas informativas.

Os/as contribuíntes que non teñan domiciliados os recibos poderán facelos efectivos nas oficinas do Servizo de Recadación Municipal, na rúa Camiño Novo, nº 7, entreplanta Galerías Comerciais, de luns a xoves en horario de 09:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:30, e os venres de 08:00 a 14:00 horas. Tamén se poden domiciliar os recibos ata o día 11 de outubro nas propias oficinas da Recadación. Os cargos nas contas bancarias realizaranse a partir do 16 de outubro.

Ao mesmo tempo, están a disposición da veciñanza os padróns do Imposto sobre Bens Inmobles, nas súas modalidades rústica, urbana e de características especiais, así coma do Imposto sobre Actividades Económicas, que poden consultarse no Servizo de Xestión Tributaria do Concello de Carballo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha