Aberto o prazo de alegacións á liña de evacuación do parque eólico de Monteagudo

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar o anuncio relativo ao acordo da Consellería de Economía, Industria e Innovación polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial da infraestrutura de evacuación do parque eólico Monteagudo nos concellos de Carballo, A Laracha e Arteixo. O prazo de alegacións está aberto dende este mércores 20 de xullo e ata o 1 de setembro. As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña),  conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion?content=expediente_0195.html&fbclid=IwAR2-oS70zMy1QD8IJ8ClYN9f_c8hiqKKUE7sPKqZVkxgyhupkw1_VwjZ_ao

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha