Aberto o prazo de descarga do Bono Deporte para familias con nenos e nenas de 6 a 16 anos 

1 minutes read

As solicitudes poderán realizarse ata o 29 de febreiro e os bonos descargados poderán empregarse ata o 1 de xullo. Trátase dun sistema que funciona a través dunha aplicación móbil, de maneira que o importe de 120 euros de cada bono contará cun desconto do 80% en cada compra ou servizo adquirido e irase consumindo en función do valor da compra. 

O Bono Deporte avanza no cumprimento dos tempos previstos tras rematar o pasado martes, 2 de xaneiro, o período de adhesión de establecementos comerciais ou entidades prestadoras de servizos á campaña con máis de 700 entidades.

A listaxe está dispoñible na web bonodeporte.gal, na que tamén se recolle toda a información sobre o procedemento a seguir para poder realizar desde mañá a descarga dos bonos. Así, o primeiro paso consiste en darse de alta nesa web e, unha vez recibido un SMS de validación, xa se poderá activar e descargar o bono en formato dixital a través dun código QR.