O Concello de Muxía abriu o prazo de inscrición, ata o vindeiro venres 23 de decembro ás 12:00 horas, para o programa Concilia Nadal 2022.
Este programa levarase a cabo nos días non lectivos (do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro) en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas.
Esta actividade vai destinada a toda a rapazada empadroada no Concello de Muxía, con idade comprendida entre os 3 e 12 anos (4º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria).
Para inscribirse no programa, que se celebrará no edificio de servicios múltiples, ten prazas limitadas e as persoas interesadas poderán inscribirse no teléfono 981 70 85 95 ou a través do enderezo electrónico cim@muxia.es.