25
O Concello de Vimianzo abriu o prazo de matrícula para o curso 2024-2025 na Escola Infantil Municipal ‘Os Vimianziños’, estará aberto ata o vindeiro día 31 de marzo.
Pódese formalizar de xeito telemático na sede electrónica municipal, achegando o modelo de solicitude de praza na escola exposto no apartamento de documentación desa mesma páxina. Tamén se pode realizar de maneira presencial, presentando estes impresos no rexistro xeral do Concello, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Ademais do formulario de solicitude para a escola infantil, deberase achegar toda a documentación indicada na sede electrónica.