Aberto o prazo de inscrición nas escolas de cultura e deporte en Vimianzo

Concello de Vimianzo

O Concello de Vimianzo tamén comeza un novo curso, desta vez con actividades relativas á cultura e ó deporte.

A partir do próximo luns 23 os que desexen inscribirse en algunha ou varias das actividades ofertadas polo Concello poderán facelo no Departamento de deportes, no edificio municipal.

Na programación destaca a diversidade de actividades destinadas a tódalas idades e como novidade hai que resaltar que tamén haberá unha nova franxa horaria, polo que os rapaces e rapazas poderán acudir ás diferentes actividades de 15:30- 16:30 horas de luns a venres para contribuir á conciliación familiar, xa que este ano comeza a xornada única no CEIP San Vicenzo de Vimianzo.

Preme aquí para ver todas as actividades.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha