Aberto o prazo de inscrición nos obradoiros e festas infantís de Nadal dos centros cívicos coruñeses

O Concello da Coruña abriu este luns o prazo de inscrición nos obradoiros e festas infantís de Nadal que terán lugar nos Centros Cívicos Municipais (CCM) desde o xoves 21. Todas as actividades serán de balde, formalizando previamente a solicitude de forma presencial.

Esta programación, habilitada pola Área de Benestar Social co obxectivo de facilitarlle ás familias unha ferramenta de conciliación familiar durante as vacacións escolares de Nadal, está ideada para as nenas e nenos de ata 12 anos, que tamén poderán gozar coas visitas de Papá Noel e os Reis Magos aos CCM, previstas ata finais de mes.

Cómpre lembrar que, no caso dos obradoiros infantís e as festas de Nadal nos CCM, as entradas adxudicaranse por orde de inscrición ata completarse a capacidade prevista.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha