Aberto o prazo de inscrición para a Escola Ambiental Senda Nova

A Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo funcionará en quendas de grupos fixos. Como en anos anteriores, e xa van 9, as actividades teñen a súa base principal en accións ao aire libre coas diferentes temáticas de ecoloxía, cultura e achegamento físico ao medio. Distribúense nun total dunhas 30 sesións, unha vez por semana dende decembro ata o verán, e divídense en sesións no Espazo da Natureza de Oza (nos exteriores e na aula de formación) e no medio (excursións, rutas, xornadas de ornitoloxía, achegamento ao medio…). As primeiras serán os sábados de 10:00 a 13:00 horas e nas segundas predominarán as cronoloxías de mañá e tarde nos diferentes puntos da comarca de interese patrimonial. A inscrición pode facerse ben a través do enderezo de correo electrónico sendanova@hotmail.com ou ben dos teléfonos 611037617 ou 611037614.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha