Aberto o prazo de inscrición para a Escola Municipal de Hostalería de Carballo

dpm.

A Concellaría de Formación e Emprego recibiu 21 solicitudes para o próximo curso de cociña da Escola Municipal de Hostalaría, pero, dado que o período de inscrición coincidiu en pleno verán e para facilitar a participación ao máximo, do 2 ao 13 de setembro estará aberto un novo prazo. As persoas interesadas deberán presentar a través do Rexistro Municipal, debidamente cuberto, o impreso de solicitude que pode recollerse nas oficinas municipais do 2º andar do Fórum Carballo ou descargarse na páxina web do Concello.

Para formarse na Escola de Hostalaría de Carballo só é preciso ter 18 anos cumpridos e posuír unha titulación mínima de graduado en ESO ou equivalente. A acción formativa terá unha duración total de 1.150 horas, previsiblemente comezará en outubro e desenvolverase nas instalacións do Fórum Carballo en horario de 08.30 a 14.30, de luns a venres. Dentro desa formación inclúense 240 horas de prácticas en empresas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha