A proba está incluída no XI Circuito Correndo pola Costa da Morte no que participan outros nove municipios máis da zona.
Ao igual que nas pasadas edicións, a maior parte dos percorridos discorren por tramos combinados de asfalto e camiños de terra, pasando por lugares como o paseo fluvial de Zas no caso da 10k, o que a convirten nunha das carreiras “máis verdes” de todo o Circuito Correndo pola Costa da Morte.
Tanto o punto de saída como o de chegada estará situado na praza do Concello. Estas son as diferentes categorías e horarios de saída:
- Sub 10: 17:10 horas
- Sub 12: 17:25 horas
- 3k Contra o Cancro Absoluta: 18:00 horas
- 3k Contra o Cancro sub 14-16-18: 18:02 horas
- 10k: 18:45 horas
- Pitufos: 20:00 horas
Inscricións
O prazo de inscrición está aberto ata as 23:59 horas do vindeiro 3 de xuño e o custe é de 8€, máis 1€ de aluguer de chip. A participación nas categorías base é gratuíta sendo necesario anotarse previamente.
Na seguinte ligazón atoparedes toda a información relativa a este evento e tamén o lugar para realizar a inscrición: https://correndopolacostadamorte.com/es/web/evento/2955/