Aberto o prazo de inscrición para o curso de teatro municipal en Carballo

Pues en escena en un teatro_PIXABAY

  • A oferta é de 25 prazas para persoas maiores de idade

Este mércores abriuse o prazo de inscrición para participar no novo curso da Aula de Teatro Municipal de Carballo, dirixida polo actor e director Artur Trillo e organizada pola Concellaría de Cultura co obxectivo de promover o teatro como práctica artística, cultural e de lecer, así como de difundir e incentivar a creación teatral.

Neste novo curso, crearanse diferentes grupos nas actividades formativas e nos proxectos teatrais que o Concello decidirá xunto co responsable da aula en función das características dos mesmos, polo que o día e os horarios comunicaranse na primeira reunión.

A oferta da Concellaría de Cultura, como nas últimas edicións, é de 25 prazas para maiores de 18 anos. Para a selección de participantes terán prioridade os alumnos e alumnas que participaron nas anteriores edicións, e terase en conta a orde de inscrición, que rematará o día 6 de decembro. As persoas anotadas que non acaden unha praza pasarán a formar parte dunha lista de agarda para cubrir posibles baixas.

A inscrición pode realizarse en calquera rexistro do Concello no seus horarios habituais, nas oficinas do servizo de Cultura de 11.00 a 13.30 horas ou vía telemática.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha