Aberto o prazo de inscrición para participar na Gymkana Inclusiva de Íntegro

O vindeiro 21 de xuño, a Praza do Pendón, situada na parroquia da Carballa (en Cabana de Bergantiños), acollerá unha nova edición da Gymkana Inclusiva, unha actividade lúdica e participativa aberta a persoas de todas as idades e capacidades.

Organizada pola asociación Íntegro, coa colaboración do Concello de Cabana e a empresa de economía social Máis Porvir Xestión Social, a xornada, que dará comezo ás 11:00 horas, contará con xogos colaborativos, premios, petiscos para as persoas participantes e un agasallo para todas os/as participantes. Ademais, ás 13:00 horas está prevista a entrega de premios nun ambiente do máis festivo e inclusivo.

O prazo de inscrición xa está aberto a través do formulario https://forms.gle/nDfcKBcCQQ2Nb9hH6 para unha maior comodidade e rapidez. Desde a organización recoméndase formalizar a inscrición canto antes para garantir a participación e a recepción do agasallo individual.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar coa entidade nos seguintes teléfonos: 981 754 985 ou 650 961 649.

Related posts

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso

A Laracha solicitará acollerse ao incremento da achega autonómica destinada ao Servizo de Axuda no Fogar