Aberto o prazo de inscricións para a “Escola de pais e nais” de Santa Comba

1 minutes read
  • As accións formativas terán lugar no Edificio Multiusos todos os xoves de 10:30 a 12:30 horas

A Consellería de Servizos Sociais do Concello de Santa Comba oferta o programa “Escola de pais e nais”, un encontro entre familias e profesionais no que tratarán de abordar temas que lles axuden na crianza dos seus fillos.

Falarase das normas e de límites, da coeducación, da economía do fogar, da autoestima ou da educación afectivo-sexual.

As accións formativas serán gratuítas e terán lugar no Edificio Multiusos todos os xoves de 10:30 a 12:30 horas.

Quen desexe inscribirse pode facelo a través do seguinte número de teléfono: 981 104309