Aberto o prazo de inscricións para a «Escola de pais e nais» de Santa Comba

Cartel_Escola de pais e nais_Fonte: santacomba.es

  • As accións formativas terán lugar no Edificio Multiusos todos os xoves de 10:30 a 12:30 horas

A Consellería de Servizos Sociais do Concello de Santa Comba oferta o programa «Escola de pais e nais», un encontro entre familias e profesionais no que tratarán de abordar temas que lles axuden na crianza dos seus fillos.

Falarase das normas e de límites, da coeducación, da economía do fogar, da autoestima ou da educación afectivo-sexual.

As accións formativas serán gratuítas e terán lugar no Edificio Multiusos todos os xoves de 10:30 a 12:30 horas.

Quen desexe inscribirse pode facelo a través do seguinte número de teléfono: 981 104309

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha