Aberto o prazo de inscricións para participar en Vimianzo na andaina ‘Noite de petróglifos’

1 minutes read

O Concello de Vimianzo abre o prazo de inscricións para participar na ‘Noite de petróglifos’, unha actividade deseñada para que tanto a veciñanza do municipio como da contorna poida coñecer ou descubrir a historia destes elementos que forman parte do patrimonio vimiancés.

Trátase dunha andaina de 4,4 quilómetros de distancia que se realizará o sábado 26 de agosto, con saída ás 22:00 horas da praza do Concello.

O vimiancés David Roget e membros do colectivo A Rula serán os encargados de guiar ás persoas participantes que poderán percorrer os petróglifos de Somontemio, a Cruz do Loureiro e o do Prado da Cruz.

A andaina ten unha duración aproximada de tres horas. Deberase asistir con lanterna, para apreciar mellor os gravados con todo luxo de detalles, e  con calzado axeitado para andainas por terreos montañosos.

As inscricións poden formalizarse ata o propio día na seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSedbB94u8zYlglEX5bOp8ckveTOlN_SE4kty35lxK043y76mw/viewform.