Aberto o prazo de matrícula na escola infantil municipal de Vimianzo

0 minutes read
  • As inscricións poden realizarse ata o 31 de marzo

O Concello de Vimianzo abre este martes o prazo de matrícula para o curso 2022-2023 na escola infantil municipal Os Vimianziños. As inscricións poderán realizarse ata o 31 deste mes a través da sede electrónica da Administración local, achegando o modelo de solicitude de praza exposto na páxina web municipal. Tamén existe a posibilidade de entregar a documentación no Concello, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.