Aberto o prazo de presentación para quince premios culturais da Deputación


A Deputación da Coruña ten neste momento abertos os prazos de presentacións de catro premios de creación artística, cinco literarios, tres musicais, dous de proxectos feministas e un de recoñecemento a iniciativas de normalización lingüística. En total, son quince convocatorias das que as primeiras en pechar farano o vindeiro 15 de abril e son o Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, o Rafael Dieste de textos teatrais e o Manuel Murguía de ensaio. Nesta nova edición dos premios da Deputación da Coruña, quince son os que teñen na actualidade o prazo aberto para presentarse na que é a maior convocatoria institucional de recoñecemento da actividade cultural galega.