Aberto o prazo de solicitude de axudas a autónomos para contratar traballadoras indefinidas

1 minutes read

Estas axudas poden pedirse ata o vindeiro 30 de setembro. A finalidade da iniciativa é favorecer a creación de novos empregos estables e contribuír ao crecemento da economía e a que as persoas traballadoras autónomas fagan fronte á contratación de traballadores e traballadoras, incentivando de xeito especial os colectivos con máis dificultades de acceso ao mercado de traballo.

Para a primeira persoa traballadora indefinida establécese un incentivo mínimo de 7.500 euros e máximo de 14.400 euros; e para a segunda e terceira persoa traballadora indefinida fíxase un apoio mínimo de 9.000 euros e máximo de 17.600. Serán colectivos prioritarios e incentivados cunha maior contía nos apoios si a contratación referirse a persoas desempregadas de longa duración, as persoas maiores de 52 anos, persoas con discapacidade, persoas en situación ou risco de exclusión social e persoas emigrantes retornadas e estranxeiras. Este ano, como novidade, incorpóranse tamén como grupos prioritarios ás mulleres.

As contías base, ademais, poderán incrementar nun 15%, acumulables entre si, se a persoa contratada é unha muller nunha profesión ou oficio no que o sexo feminino estea subrepresentado, no caso de que o centro de traballo estea situado no rural, persoas maiores de 45 anos e persoas trans.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?