Aberto o prazo de solicitude de subvencións do Concello de Carballo en materia de deporte

  • Tras a publicación dos extractos das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP), comeza a contar o prazo de solicitude.

Este ano o Concello de Carballo mantén as tres liñas de axuda habituais, pero incrementa nun 9,89% a partida destinada ao financiamento dos proxectos de actividade xeral das entidades, que supón o groso das subvencións e acada os 100.000 euros. O importe subvencionable será do 70% do orzamento de gastos, ata un máximo de 20.000 euros por entidade. Deste xeito, o goberno municipal materializa os primeiros compromisos adquiridos na rolda de conversas coas entidades deportivas para coñecer as súas prioridades como consecuencia da crise sanitaria provocada pola COVID-19. Por unha banda, o Concello de Carballo comprometeuse a manter ou incrementar, na medida do posible, as subvencións para a actividade xeral, e, por outra, a dotar ás entidades de liquidez convocando á maior brevidade as axudas para este ano, ademais de, chegado o momento, realizar o pago anticipado do 95% das cantidades concedidas. + info en http://www.carballo.org/novas.php?id=7260&idioma=gl&sec=30