Aberto o prazo extraordinario de matrícula na Escola Oficial de Idiomas de Carballo


O prazo extraordinario de matrícula na EOI de Carballo abriuse este pasado luns día 11 de outubro. As persoas que non estean matriculadas e desexen cursar estudios na Escola Oficial de Idiomas deberán acceder a unha ligazón que atoparán na web da escola e solicitar a praza. Terán confimación de se están admitidos ou non nese momento. O prazo remata este venres día 15 de outubro ás 12:00 horas.