Aberto o prazo para a inscrición nos campamentos de persoas con discapacidade

1 minutes read

Poden solicitar praza nos campamentos que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cunha idade comprendida entre os 11 e os 50 anos e presentan calquera tipo de limitación ou necesidade especial. O prazo está aberto ata o día 2 de maio.

Os campamentos contan con aloxamento, manutención, un programa de actividades de animación sociocultural, material necesario para as actividades, equipo técnico de persoal especializado e atención sanitaria.

Os requisitos para solicitar praza son: ter recoñecida unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33%, ter unha idade comprendida de entre os 11 e os 50 anos, estar empadroado nalgún concello de Galicia; ou non padecer trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade, entre outros. Toda a información pode consultarse nesta ligazón.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?