- Todos os nenos e nenas que fixeron a preinscrición teñen a praza garantida.
- Se hai un mínimo de 15 usuarios será posible desenvolver o Vimiverán polas parroquias.
Todos os nenos e nenas de Vimianzo que fixeron a preinscripción para o ‘Campamento Vimiverán 2022’ contan con praza garantida, aseguran desde o consistorio. A partir deste xoves, e ata o 1 de xullo, poderán formalizar a súa matrícula na Casa da Cultura (de 8 a 15 horas) ou chamando ao 981 71 72 88. O prezo será de 50 euros por quenda ou actividade (desconto de 5 euros a familias numerosas). Este ano realizarase o Vimiverán nas parroquias se hai un mínimo de 15 participantes e tamén destaca o servizo de madrugadores.