41
- As persoas interesadas poden anotarse chamando ao 653 26 55 29 ou enviando un correo a dolores.lema@camarinas.net
Desde este luns xa é posible inscribirse como voluntario para traballar na XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña que se celebrará do 13 ao 17 de abril. As persoas interesadas en participar na organización poden chamar ou enviar unha mensaxe de whatsapp ao teléfono 653 26 55 29 ou enviar un correo electrónico a dolores.lema@camarinas.net.
A directora da Mostra, Dolores Lema, subliña a importancia das persoas voluntarias xa que «sería imposible a celebración desta cita sen elas e sen o traballo que fan antes, durante e despois da Mostra».