41
- Desenvolveranse no centro cívico en horario de 10:00 a 14:00 horas
O Concello de Malpica abriu este luns o prazo de inscrición para os cursos de formación que se impartirán no centro cívico, situado na rúa Ventorrillo. En concreto desenvolveranse talleres para lidiar coa ansiedade e o estrés (luns, 18 de abril) e sobre primeiros auxilios (martes, 3 de maio).
Ambas formacións serán de 10.00 horas a 14.00 horas. As inscricións poden formalizarse no departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamando ao 981 72 02 80. As prazas son limitadas e terán prioridade as persoas en risco de exclusión social.