- Con este programa o Concello favorecerá a conciliación de 30 familias do municipio
Promover a conciliación, a valoración da contorna e hábitos de vida saudables. Eses son os obxectivos que o Concello de Malpica busca alcanzar co lanzamento do seu campamento urbano de verán, no que poderán participar 30 nenos de entre 4 e 12 anos.
O programa, 100% gratuíto, terá lugar de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, arrincando o 2 de agosto e prolongándose ata o 31 dese mesmo mes. Ao longo das 22 xornadas de campamento, os nenos e nenas participarán en actividades de expresión artística, saídas de coñecemento e valorización da contorna, accións de sensibilización ambiental, papiroflexia, xogos na praia, e propostas vinculadas tamén á igualdade de xénero. Así mesmo, o 20 de agosto, os cativos e cativas participarán no XX Concurso de Barcanas e Castelos de Area Praia de Area Maior. A base dos campamentos será o Centro Cívico de Malpica, pero para realizar todas estas propostas levaranse a cabo tamén saídas á contorna.
As solicitudes poderán tramitarse no departamento de Servizos Sociais do Concello (1º andar do Centro Cívico) ata o venres día 30. Toda a documentación e a ficha de inscrición estará publicada na páxina web municipal.