Aberto o prazo para inscribirse no Mercado de Artesanía e na Festa do Banquete de Conxo

A Festa do Banquete volve tras dous anos de parón por mor da pandemia con múltiples actividades, que se desenvolverán do 20 ao 22 de maio en Conxo. Entre elas atópase o Mercado de Artesanía, que se celebrará os días 21 e 22 na praza Aurelio Aguirre. Baixo a organización do Departamento de Comercio do Concello, este espazo acollerá expositores dos sectores do libro e da artesanía, que poden solicitar participar ata o día 30 de abril. Nesta terceira edición da Festa do Banquete hai moitas formas de participar. Como actrices e actores, como voluntarios na organización, cunha formación musical, vestidos de época ou simplemente asistindo a calquera dos eventos previstos. Se queres participar activamente, podes sumarte como actor ou actriz ás distintas accións teatrais ou mesmo colaborar na propia organización e preparación da Festa do Banquete. Escolle cal che presta máis. Para calquera desas opcións contacta co Centro Sociocultural de Conxo, no correo csconxo@santiagodecompostela.gal ou ben no teléfono 981528740.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha