- As solicitudes poderán presentarse ata o 30 de xuño deste 2022
Xa están publicadas as bases do concurso de ‘Contorna e Harmonía’ de Coristanco, unha iniciativa que ten como obxectivo contribuír á concienciación veciñal sobre a beleza dos pobos e aldeas que conforman o rural da localidade.
Poderá participar calquera persoa, estea ou non empadroada no concello, entidade veciñal ou asociación sen ánimo de lucro sempre e cando as súas actuacións se realicen sobre construcións ou fincas dentro do municipio.
As solicitudes están dispoñibles no Concello e poderán presentarse ata o 30 de xuño deste ano.