Aberto o prazo para participar en Carballo no Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Ata o 22 de marzo está aberto o prazo de inscrición para o XXVI Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. As bases non varían con respecto a edicións anteriores. Estes son algúns dos aspectos máis salientables:

Cada autor ou autora poderá presentar un número máximo de tres obras.

As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor, natural ou manipulada, e o tema das obras é libre.

Os traballos fotográficos que se presenten ao certame deberán ser orixinais, inéditos e recentes. As fotografías non poderán ter sido presentadas con anterioridade a este concurso nin ter gañado ningún premio noutros concursos ou certames.

As dimensións da obra fotográfica estarán comprendidas entre 25 x 35 cm como mínimo e 40 x 50 cm como máximo. 
Presentaranse montadas sobre cartón pluma ou soporte similar ríxido (cun grosor mínimo de 3 mm).

Cada fotografía deberá vir acompañada ou ben do negativo ou ben do soporte informático en formato JPEG ou TIFF da obra presentada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha