Aberto o prazo para participar na Feira Rosalía en Compostela

0 minutes read

A Deputación da Coruña convida a participar na feira arredor de Rosalía de Castro que se desenvolverá o día 29 de febreiro na Praza de Cervantes de Santiago de Compostela, dentro da conmemoración do Festival Rosalía 2020 que organiza coa colaboración do concello da capital galega.

O prazo para a presentación de solicitudes para participar na Feira Rosalía, que chega este ano a súa terceira edición, estará aberto até o día 17 de febreiro e nel poderán participar artesáns e empresas que vendan obxectos que teñen a imaxe da escritora ou a súa obra como motivo principal.