20
- Dirixido a persoas de entre 16 e 30 anos, desenvolverase durante o verán para promover a participación social da mocidade.
Protección Civil da Laracha, en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, organiza un novo programa de voluntariado xuvenil no que poderán participar mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. A iniciativa desenvolverase durante o verán co obxectivo de fortalecer a aprendizaxe dos voluntarios e reforzar os seus valores solidarios. A inscrición estará aberta ata o 5 de xullo e debe formalizarse no Concello.
Por outra banda, desde o goberno local tamén poñerán en marcha un programa similar dirixido aos mesmos participantes. As inscricións aínda poden formalizarse na casa consistorial.