Aberto o prazo para que os concellos poidan adherirse ao PEL da Deputación

O programa PEL-Reactiva posto en marcha pola Deputación da Coruña pretende impulsar a actividade económica e o emprego nos municipios de menos de 50.000 habitantes para paliar a crise xerada pola Covid-19 nas microempresas e persoas autónomas, un dos sectores máis afectados pola pandemia.

A liña contará cun orzamento de 10 millóns de euros e «suporá duplicar o investimento que a Deputación realizará en materia de emprego este ano», sinalou o presidente do ente provincial, Valentín González Formoso. O prazo para que os concellos soliciten estas axudas está aberto e rematará ás 14:00 horas do día 9 de outubro.

Os fondos poden ser destinados, entre outras cuestións, a gastos de adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da Covid-19, compra e instalación de mamparas, adquisición de produtos de limpeza e protección, así como a gastos correntes. O reparto de fondos será completamente obxectivo, baseándose no número de autónomos e microempresas de cada municipio.

Para beneficiarse das axudas os concellos deberán adherirse ao Fondo e solicitar a contía que lle corresponda en función deste número. As subvencións a conceder aos Concellos oscilarán entre un mínimo de 11.271,99 euros e un máximo de 550.578,18 euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha