Aberto o prazo para renovar ou solicitar praza na escola infantil de Camariñas

Escola infantil Galiña Azil

  • A presentación de solicitudes poderá realizarse ata o 12 de abril incluído

As persoas interesadas en renovar ou solicitar un novo ingreso na escola infantil de Camariñas xa poden presentar as súas solicitudes a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo abriuse este mércores e finalizará o 12 de abril, incluído.

As solicitudes tamén poderán recollerse na escola infantil Galiña Azul de Camariñas en horario de 08:30 horas a 10:30 horas, preferiblemente pedindo cita previa no 981 736 104 ou 665 134 012.

Máis información aquí.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha