Aberto o prazo para solicitar as axudas de incorporación de mozos ao rural

cof

O delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou a explotación Finca Canedo S.L. adicada ao vacún de leite en Frades, beneficiada por unha orde de axuda dun plan de mellora, aprobado no 2018 ,cunha achega concedida de 64.000 euros para realizar un investimento de 186.625 euros para unha nova sala de muxido e unha cargadora telescópica. Coas axudas da Xunta, no ano 2017 e 2016, tamén se levou a cabo a instalación dunha plataforma de formigón e maquinaria e a construción dun silo e unha fosa do xurro.

O representante do goberno autonómico aproveitou a visita, para informar que dende o pasado 21 de maio e ata o 20 de xuño, está aberta a convocatoria para solicitar as axudas de apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (coñecidos como plans de mellora), para a creación de empresas por persoas agricultoras mozas e para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014_2020.

Este ano o orzamento desta orde ascende a 42 millóns de euros: 14 millóns de euros para a incorporación de mozos e mozas á actividade agraria, 25 millóns de euros para o apoio aos investimentos en explotacións agrícolas (os chamados plans de mellora) e 3 millóns de euros para o desenvolvemento de pequenas explotacións.

No que se refire ás achegas para a incorporación de persoas mozas, a subvención concederase pola execución dun plan empresarial e consistirá nunha contía básica establecida en 20.000 euros, que poderá incrementarse en determinados casos dependendo, por exemplo, do volume de gasto dedicado á posta en marcha da nova explotación, da creación de emprego adicional a tempo completo ou do feito de instalarse nunha zona con limitacións naturais ou doutro tipo.

O importe da axuda para os plans de mellora será do 30% dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 50% en función de criterios como o feito de ser agricultor/a mozo/a, por realizar un investimento de carácter colectivo, por desenvolver actuacións en zonas con limitacións ou por executar accións relacionadas con medidas agroambientais e coa agricultura ecolóxica, entre outros.

No que respecta ás pequenas explotacións, a achega ascende a 15.000 euros e concederase pola execución dun plan empresarial, que terá unha duración de 18 meses dende a aprobación da mesma. Os interesados nestas axudas teñen ata o 20 de xuño. No que respecta ás bases, mantéñense sen cambios respecto ao ano anterior.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha