- O prazo de presentación finalizará o 31 de decembro de 2020
O Concello de Muxía convoca unhas axudas dentro, do Plan de reactivación económica e social de Muxía Covid-19, para paliar os efectos negativos da crise sanitaria do coronavirus sobre o tecido económico e social do municipio, así como promover e facilitar a mobilidade dentro do termo municipal de Muxía por cuestión sociosanitarias.
Poderán ser beneficiarias destas axudas para o uso do taxi aquelas persoas que presenten unha mobilidade reducida; que vivan soas ou co seu consorte; maiores de 65 anos que presenten dificultades de mobilidade, así como ausencia, imposibilidade de apoio familiar ou insuficiente e que non poidan facer uso, con carácter xeral, de transportes colectivos.
O prazo de presentación estará aberto ata o 31 de decembro de 2020.