Aberto o prazo voluntario para pagar preto de 2,6 millóns de euros en impostos en Carballo

Trátase das taxas por vaos, lixo-vivenda e o imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM). O cobro destes impostos había quedado suspendido durante o estado de alarma, co obxectivo de reducir a presión fiscal sobre a veciñanza durante a pandemia do coronavirus. Desde o pasado 1 de xuño e ata o 10 de agosto pódense abonar en período voluntario os seguintes recibos que emitirá o Concello:

  • 18.316 recibos polo servizo de recollida domiciliaria de residuos sólidos urbanos, por un total de 1.094.906,84 euros. Non se porá ao cobro a taxa correspondente ás empresas.
  • Pola reserva de estacionamentos en vía pública para parada de buses, carga e descarga e vaos permanentes emitiranse 892 recibos por un total de 103.497,19 euros.
  • En canto ao imposto sobre vehículos de tracción mecánica, este ano emitiranse 26.949 recibos por un total de 1.379.186,54 euros.

Os contribuíntes que non teñan domiciliados os recibos poderán aboalos nas oficinas da Recadación Municipal, sitas na rúa Camiño Novo n.º 7, entreplanta Galerías Comerciais, de luns a venres, de 08.00 a 14.00 horas. Os recibos domiciliados pasaranse ao cobro a partires do 2 de xullo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha