A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, puxo en valor o Plan de rescate galego para persoas traballadoras autónomas, microempresas e a hostalería co que se está a apoiar aos sectores que máis están a padecer os efectos da pandemia.
Explicou que se está a axilizar o máximo posible a tramitación destas axudas, un esforzo que, segundo apuntou, ten permitido aboar en menos dun mes 10.200 peticións (o 25%) por valor de 12,7 millóns de euros e avanzou que nos próximos días ingresaranse outros 10 millóns, polo que a menos dun mes da publicación das tres ordes de axudas (autónomos, microempresas e hostalería) terase aboado o 41% das peticións presentadas ata o momento.
Tamén deixou claro que este Plan renovarase en 2021 se é preciso e, como ata o de agora, “con axudas áxiles, fáciles e que se cobrarán de xeito inmediato”. Ademais, garantiu que en xaneiro terminarán de ingresarse a totalidade das axudas para que os cartos cheguen nestes momentos, cando máis se necesitan.