Abordardas cuestións económicas e financeiras que serán elevadas ao Pleno do vindeiro martes na Laracha

Pleno extraordinario celebrado en setembro_cl.

Este xoves reuniuse a Comisión Informativa de Asuntos Económicos, Facenda e Especial de Contas para abordar diferentes cuestións de carácter económico e financeiro que serán elevadas ao Pleno extraordinario convocado para o día 28 de outubro.

Un dos principais asuntos tratados foi a modificación da ordenanza fiscal número 3.4, reguladora da taxa pola recollida de lixo. Esta actualización faise por imperativo legal dada a necesidade de adaptar a normativa municipal á Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular, que entrou en vigor en 2024. Esa nova lei, de ámbito estatal, obriga a que as taxas municipais cubran a totalidade do custo real do servizo, polo que é necesario revisar as tarifas para cumprir con esa esixencia. A ordenanza contemplará bonificacións para familias numerosas e reducións para os fogares que participen en programas de redución do lixo, incentivando así boas prácticas ambientais.

Outro dos puntos foi a modificación da ordenanza fiscal número 7, reguladora da taxa pola utilización de instalacións deportivas municipais. O texto actualízase para adaptarse á realidade actual da Laracha e tamén as tarifas, que quedarían en 15 euros polo aluguer por hora dos pavillóns polideportivos e por 90 minutos das pistas de páde.

Ademais, a Comisión abordou a proposta de participación do Concello na primeira fase do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS+) Adicional 4/2025, impulsado pola Deputación da Coruña. Neste caso proponse destinar a achega provincial asignada, de 61.495,91 euros, á redución da débeda do Concello coa propia Deputación derivada da participación no Plan de Aforro e Investimentos (PAI) do ano 2015.

Related posts

Este domingo terá lugar en Cee o acto de clausura da XII Edición do programa O Mes da Fundación

O Concello da Laracha mellorará a eficiencia enerxética do Centro Sociocultural da Insua de Caión

O pavillón de Baio e as súas instalacións, pechan por obras na cuberta do 27 de outubro ao 5 de novembro