Abre a área sanitaria de Ferrol e permanecen pechadas as da Coruña e Pontevedra


O comité clínico que fai o seguimento da evolución do coronavirus en Galicia propuxo, na súa reunión deste martes, abrir o peche da área sanitaria de Ferrol, que pasa a nivel medio e recuperará a mobilidade co resto da comunidade. Por outro lado, o concello de Soutomaior é o único de toda Galicia que permanecerá no nivel máximo de restricións.

As áreas sanitarias da Coruña e de Pontevedra continúan pechadas, con todos os seus concellos en nivel alto. Tamén quedan neste nivel os concellos de Cariño, Guitiriz, Lourenzá, A Pobra de Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás. O resto dos concellos galegos quedan no nivel medio. Todas estas medidas entrarán en vigor á medianoite deste venres 5 de marzo.