O Diario Oficial de Galicia publicou o calendario de matriculación para o que será o segundo ano de gratuidade destes centros. Galicia converteuse o pasado ano na primeira Comunidade en facer gratuítas todas as escolas infantís, independentemente da súa titularidade, durante oito horas ao día e once meses ao ano. Unha medida que beneficia a 31.000 familias que aforran arredor de 2.000 euros ao ano. Cabe destacar como novidade para o vindeiro curso a apertura da escola infantil pública autonómica da Cidade da Xustiza, en Vigo, que ofrecerá 40 prazas novas de atención para os traballadores deste centro. Así mesmo, as escolas infantís serán aínda máis seguras grazas á ampliación do calendario de vacinación infantil, obrigatorio para todos os centros. Galicia contará, a partir deste ano, co calendario de vacinas máis completo de todo o mundo ou incluír a vacina fronte ao virus respiratorio sincitial e contra o rotavirus.