Abre a nova convocatoria das axudas para promover o uso da lingua galega no ámbito local

1 minutes read

Trátase dunha iniciativa autonómica que busca fomentar os servizos lingüísticos que se prestan á cidadanía, tanto para creación de novos como para manter ou reforzar os existentes. Tamén se destinan para promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega para o ano 2022 no ámbito local.

A orde de convocatoria marca como ámbitos estratéxicos de actuación para a promoción da lingua galega desde o tecido local o deporte, a mocidade, as TIC, o tecido económico empresarial, os servizos sociais e a perspectiva de xénero e igualdade entre homes e mulleres. Para estas axudas, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, destínanse por segundo ano consecutivo un total de 350.000 euros a gastos realizados entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2022.

Como en edicións anteriores a convocatoria outórgalle un incremento do 30 % na puntuación final ás solicitudes presentadas conxuntamente por varias entidades locais e requírese tramitación electrónica.