Abre a segunda convocatoria de axudas para modernizar teatros, auditorios e salas

Sala de cine_PIXABAY

A Xunta acaba de abrir a segunda convocatoria de subvencións para a modernización e xestión sostible das infraestruturas de artes escénicas e musicais, que suporá un novo investimento de 880.000 euros en teatros, auditorios e salas tanto de xestión pública como privada. Deste xeito, o importe global desta liña de axudas supera xa os 2M€ tras unha primeira quenda de adxudicacións publicada o pasado mes de maio e que supuxo unha achega de 1,2 millóns de euros a 46 espazos de toda Galicia. Esta segunda convocatoria mantén como prioridades a dixitalización, a xestión sustentable e o respecto medioambiental. Así, este novo investimento redundará na renovación dos sistemas dixitais de iluminación, vídeo, audio e comunicación en rede, maquinaria escénica, xestión artística e produción en teatros, auditorios e salas, ao tempo que suporá unha mellora das condicións de traballo do persoal técnico e artístico, así como unha maior calidade na exhibición dos espectáculos diante do público. Atenderanse tamén as necesidades de rehabilitación dos edificios para favorecer a súa adaptación ao cambio climático.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha