Abre a semana do 30 aniversario do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade

A programación conmemorativa da Xunta de Galicia polo 30 aniversario do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade arranca cunha acción especial que se deixará sentir na cidade de Santiago de Compostela. En colaboración coa Asociación Campaneiros de Galicia farase soar as campás da Catedral de Santiago de Compostela, así como as de varias iglexas do casco histórico e da Colexiata de Sar para recordar que xusto 30 anos antes a UNESCO lle outorgou ese recoñecemento a este itinerario Xacobeo. A programación seguirá durante toda a semana, cando o martes se inaugure no Museo das Peregrinacións e de Santiago a exposición Acollida e Hospitalidade no Camiño de Santiago, comisariada por Francisco Singul, que contará con actividades complementarias para público infantil cun xogo a modo de scape room virtual do 12 ao 17 de decembro, para o que as persoas interesadas poden apuntarse no correo vexoveoxacobeo@gmail.com 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha