Abre novamente a autocita para vacinar aos nados entre os anos 2000 e 2005

Sanidade abre de novo a autocita, dende as 9 horas do sábado 7 de agosto e ata as 23,30 horas do domingo 8; un total de 25.000 doses para os nados entre os anos 2000 e 2005, que se vacinarán a vindeira semana.

Ademais, estase a citar por SMS a todos os cidadáns nados no ano 1999 e anteriores, e continúa aberta a autocita para os maiores de 40 anos.

Sinalar que para pedir autocita pódese facer dende un ordenador no enderezo: cita.sergas.gal, ou no portal de saúde do Sergas (É-Saúde). Tamén pódese solicitar dende un teléfono a través da APP Sergas móbil.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha