Abre o prazo de inscrición nos cursos gratuítos de condución segura de motos

Este mércores abriu o prazo de inscrición para participar nunha nova convocatoria dos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas, que se celebrarán en setembro e outubro.
Na presente convocatoria celebraranse 8 cursos gratuítos de condución segura de motos, que se impartirán en dúas quendas diarias, en Santiago de Compostela, Ferrol, Pontevedra e San Cibrao das Viñas.
Os cursos están abertos a todos os motociclistas, incluídos os usuarios con permiso de conducir B+3 (B máis 3 años de antigüidade), A1, A2 e A que desexen mellorar o control da motocicleta e conducir de forma máis segura.
Os interesados poden inscribirse ata cubrir as 160 prazas dispoñibles. A inscrición poderá realizarse a través das páxinas web da Axencia Galega de Infraestruturas ou da Unión de Moteros Europeos. Os participantes deberán asistir coa moto en bo estado e coas condicións legais de uso. Os alumnos portarán casco homologado, luvas, botas e roupa de protección, así como a documentación relativa ao seguro obrigatorio do vehículo e á ITV en vigor.
Ademais, debido ao contexto de pandemia da covid-19, os asistentes deberán acudir ao curso con máscara e respectar as medidas de seguridade e hixiene establecidas en cada momento polas autoridades sanitarias.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha