Abre o prazo de inscrición para as actividades deportivas do Concello de Corcubión


O Servizo de Deportes do Concello de Corcubión pon en marcha o prazo de inscrición das actividades deportivas, seguindo todos os protocolos de seguridade marcados pola pandemia do coronavirus. As inscripcións poderán facerse nas oficinas do Concello, no Pavillón Polideportivo ou no teléfono 981 74 54 00.

ESCOLA DE FUTBOL BASE:

A través dos adestramentos e da competición que ten lugar o fin de semana, tratan de lograr unha educación integral do nen@ a través do fútbol sala.

Martes e Xoves.  16:30h  a 19:30h. E.F.B. Corcubión.

ESCOLA DE PATINAXE ARTISTICO:

Dirixida os nen@s que se familiaricen co desplazamento sobre os patíns e desenvolvan elementos técnicos do deporte sobre rodas.

Luns e Mércores.17:30h a 20:00h C.P.A.Costa da Morte

ESCOLA NAUTICA:

Disfrute de actividades relacionadas co mar, vela lixeira, kayak, etc.

Sábados  11:00h a 14:00h ou 11:00h a 18:00h. Peirao Corcubión. C.M. Carrumeiro

Actividades  adultos:

QUEIMAGRAXAS :

Programas colectivos de entrenamento funcional pra mellora da condición física global, que inclue a mellora das capacidades condicionais e coordinativas.

Martes e Xoves de 20:15h a 21:15h

PILATES:  Exercicios que axudan a mellorar a tonificación dos músculos a través dunha sucesións de movementos fluídos.

Luns e Mércores de 2015h a 21:15h.

Tamén se poderá facer uso do ximnasio municipal, con cintas de andar, elípticas, remo, bicicletas e máquinas multipesas.

As prazas serán limitadas, por orden de inscrición, as actividades comezan no mes de Outubro.